Premio Capital Verde Europea

Vitoria, Capital Verde Europea 2012

O Premio Capital Verde Europea (en inglés: European Green Capital Award) é un galardón instituído e xestionado pola Comisión Europea para recoñecer ás cidades que mellor se ocupan da protección e conservación do ambiente e da contorna vital dos seus habitantes. A cidade que cada ano ostenta a capitalidade exerce de modelo de actuación verde e comparte as súas prácticas con outras cidades.[1]

O premio está aberto, ademais da os 27 países membros da Unión Europea, aos países candidatos oficiais (Turquía, Montenegro, Macedonia do Norte, Croacia e Islandia), así como aos países do Espazo Económico Europeo (Islandia, Noruega e Liechtenstein).

  1. "Vive vostede nunha "cidade verde"?". ec.europa.eu. 2008. Consultado o 24-10-2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy